A casa encantada

b9c8f1Corría o ano 1993 cando Boiro saltaba á palestra informativa por unha noticia que rozaba o paranormal: misteriosos ruídos nocturnos convertían a vivenda de Pili Alonso na casa encantada de Abanqueiro. Un mes estivo esta veciña vendo como, cada noite, centos de persoas se arremuiñaban ás portas do seu fogar para tratar de percibir a presenza de pantasmas. A pesar do interese, non apareceu espírito ningún.

Aínda hoxe, Pili non se explica como empezou a formarse aquela bóla de neve que alcanzou incribles dimensións: «Cada vez que ía para a cama escoitaba ruídos que eran como pequenos estalidos. Eu daquela xa traballaba na fábrica de conservas e comenteilles o tema ás compañeiras e aos veciños. Eles fixeron o resto».

Cada noite achegábase máis xente, e mesmo os medios de comunicación. «Era tal a película que se montaba aquí, que meu pai veu pasar uns días con nós. El foi o que se deu conta de que os estalidos procedían xusto da parede pola que pasaban os entubados da calefacción e que se producían cando estes arrefriaban e recuperaban a súa forma orixinal, despois da dilatación propiciada pola calor do día».

La Voz de Galicia, 9-11-2008 (adaptación)

Responde a estas preguntas sobre o texto que vés de leer:


Deja una respuesta