Noticia de última hora

micro-carita_principalGaleriaRetratoPresentador: Señoras e señores, interrompemos a emisión da telenovela para adiantarlles unha noticia de última hora. Conectamos co Novo, unha vila que neste momento acapara a atención de todos os medios informativos. Boas tardes, Ánxela. Escóitasme?
Ánxela: Si, boas tardes, Daniel. O Novo aínda ten o susto no corpo, pero afortunadamente todo quedou niso: nun susto. Está comigo Mariña, unha das protagonistas da noticia. Mariña, cóntanos que pasou.
Mariña: Pois uns amigos e mais eu escoitamos voces misteriosas na torre da igrexa. Daquela, fomos pescudar o que pasaba, gravamos as voces e parecéronnos de pantasmas. Saímos correndo de alí, mortiños de medo e gritando: «Hai pantasmas na torre!».
Ánxela: E despois, que ocorreu?
Mariña: Ao oírnos, a xente asomouse ás ventás e balcóns, e nisto… Nisto pasou unha procesión de pantasmas pola rúa e…
Presentador: …E foi cando un veciño alertou os medios de comunicación de que no Novo se vira a Santa Compaña ás cinco da tarde.
Mariña: Si, así foi. Pero a Santa Compaña eran só uns rapaces e rapazas do instituto, cos seus disfraces de Entroido. E as voces, unhas curuxas.
Presentador: Recoiro! Daquela, non hai noticia…
Ánxela: Non hai pantasmas, Daniel, pero noticias imos ter moitas con estas promesas do periodismo de investigación: Mariña e a súa banda de amigos. Non é así?
Mariña: Talvez. Polo de agora, ocorréusenos a idea de facer un periódico local titulado A Voz Pantasma.

Especial informativo na tele.

Responde a estas preguntas sobre o texto que vés de leer:


2 Responses to Noticia de última hora

Deja una respuesta