Os maios

maiosHai varias teorías para explicar a orixe da festa dos maios. Algúns pensan que naceu no Paleolítico e outros coidan que no Neolítico, cando apareceu a agricultura.

En calquera caso, o que si parece claro é que nun principio os maios naceron como un ritual para invocar dos deuses a protección dos produtos sementados na terra.

Trátase dun rito agrario, encamiñado a propiciar boas colleitas, un rito para favorecer a fecundidade da terra por medio da arte (maios), a música e a poesía (coplas). Por iso a festa celébrase na primavera, un tempo no que a terra empeza a espertar do seu longo sono invernal. Celébrase a despedida do inverno, o florecer das plantas e a chegada dos primeiros froitos.

Nos tempos modernos, os maios convertéronse en festas urbanas. Na maior parte dos casos é unha festa organizada polo concello dunha cidade ou vila.

Os maios constan de dúas partes:

– Por un lado, están os maios propiamente ditos, que son monumentos feitos cunha estrutura de madeira, que se reviste con brión, flores, carrabouxos… procurando empregar sempre elementos naturais.

– E, por outro lado, están as coplas. As coplas poden ter contido literario referente á primavera, pero o máis normal é que teñan un contido satírico referido a acontecementos recentes. Esta crítica céntrase na maioría das veces en asuntos locais, moi próximos á xente da vila na que os maios se celebran.

http://arelasdeaquelar.blogaliza.org/2009/04/29/1-de-maio-a-orixe/
(adaptación)

Responde a estas preguntas sobre o texto que vés de leer:


Deja una respuesta