Os xogos de antes

(13)Xogabamos ás vacas, ás carreiras, a esvarar polas ladeiras das laxes sentados sobre pedras planas; xogabamos aos niños —coma paxaros en liberdade— imitando o seu canto…
Tamén á billarda —o vai, como lle chaman en Cambados—, un xogo con moitísima historia, practicamente medieval.
A primavera era a época do risco, unha variante da mariola que se debuxaba na terra riscando —de aí o seu nome—, ou ben na propia vía pública, pintando cun anaco de tella ou algo parecido.
A corda, tan socorrida, tan atlética e tan ximnástica, era daquela máis propia das rapazas. Elas eran auténticas virtuosas e podían sempre con nós.
As bólas, unha paixón. Potencia e precisión dixital, moitas veces con caída da uña do polgar. O gua tan celebrado.
Xogos magníficos todos, no campo e ao aire libre, a nosa verdadeira liberación.

Herminio Barreiro Rodríguez: «Lembranzas de infancia na escola de Meilide», en Revista Galega do Ensino (adaptación)

Responde a estas preguntas sobre o texto que vés de leer:


6 Responses to Os xogos de antes

Deja una respuesta